jueves. 27.01.2022 |
El tiempo
jueves. 27.01.2022
El tiempo

O Concello de Lugo comeza a retirar as cabinas inutilizadas

Retirada dunha cabina este mércores en Ramón Ferreiro. EP
Retirada dunha cabina este mércores en Ramón Ferreiro. EP

Manteranse aquelas que rexistran entre 10 e 30 chamadas mensuais

 

O tenente alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que este mércores comezou a desmontaxe das cabinas telefónicas pouco empregadas na cidade.

Arroxo explicou que "hai unhas semanas contactamos con Telefónica para buscar vías de colaboración que nos permitisen retirar as cabinas telefónicas da cidade que estaban completamente abandonadas, e que supoñían problemas para a accesibilidade de moitas veciñas e veciños".

CABINASDun total de 32 cabinas telefónicas repartidas por toda a cidade quedarán instaladas aquelas que manteñen entre 10 e 30 chamadas mensuais que son as situadas en Rúa Quiroga, Ronda de Paradai e fronte a estación de autobuses, na Praza da Constitución.

Arroxo explicou que "a lexislación vixente permite a retirada das cabinas que non foron utilizadas durante o último ano ou as que non funcionan".

"Desde o Goberno de Lugo buscamos mellorar a imaxe da cidade retirando infraestruturas que quedaron completamente obsoletas", engadiu o tenente alcalde.

O Goberno de Lugo traballou da man con Telefónica, a empresa encargada do mantemento das cabinas, para "retirar todas as cabinas que sexan posibles, cumprindo coa legalidade vixente".

O tenente alcalde afirmou que este mércores "comezaron os traballos de desmontaxe das cabinas, que se están a executar coordinadamente entre Telefónica e as brigadas municipais". "Nos vindeiros días retiraranse as cabinas abandonadas das distintas zonas, o que permitirá mellorar a imaxe da cidade e o benestar das veciñas e veciños", engadiu Arroxo.

O Concello de Lugo comeza a retirar as cabinas inutilizadas
Comentarios