jueves. 28.10.2021 |
El tiempo
jueves. 28.10.2021
El tiempo

O Concello inviste 73.000 euros no acondicionamento de catro estradas municipais

220921 Miguel Fernández supervisa o inicio dos traballos de mellora de dúas estradas municipais en Pías
Miguel Fernández supervisa o inicio das obras. EP
As obras levaranse a cabo nas parroquias de Pías, Tirimol e Piúgos

Miguel Fernández, tenente de alcalde e responsable da área de Medio Rural, supervisou este mércores o inicio dos traballos de acondicionamento de dúas estradas municipais na parroquia de Pías, que parten da intersección da estrada provincial LU-P-3907 e discorren polos núcleos de Fafián e O Corral de Abaixo.

Estas tarefas consisten na reposición do firme con aglomerado en quente, a limpeza de cunetas para facilitar a circulación das augas e a adaptación dos rexistros existentes á nova rasante do camiño.

Tamén se mellorará unha estrada municipal en Tirimol, no núcleo de Seivane, e outra no núcleo de As Tabernas, en Piúgos.

Todas estas actuacións contan cun orzamento de 72.794,49 euros.

O Concello inviste 73.000 euros no acondicionamento de catro...
Comentarios