O Concello facilitará autobuses gratuítos cada 15 minutos para ir ao Caudal Fest

Haberá espazos de información contra as drogas e puntos violeta de prevención contra as violencias machistas

Un bus urbano por la Ronda de la Muralla. J.VÁZQUEZ
photo_camera Un bus urbano por la Ronda de la Muralla. J.VÁZQUEZ

O Caudal Fest, que terá lugar este venres e sábado no Pazo de Feiras e Congresos, ultima os derradeiros detalles. Un deles é o transporte público para achegarse ao recinto deste festival urbano.

Desde o Concello informan de que se porán a disposición dos asistentes autobuses gratuítos cada 15 minutos, unha medida de transporte alternativo para dar a opción de prescindir de vehículo privado para acudir ao festival. "Unha medida cómoda e segura", segundo explicou Lara Méndez.

Os buses lanzadeira sairán dende a Praza de Bretaña as dúas xornadas do festival, con saídas continuas o venres, desde as 18:00 horas e ata as 4:00 horas dende o centro; e desde as inmediacións do festival cara a cidade, de 18:15 a 4:00 hora. Pola súa banda, o sábado será de 16.00 horas a 4.00 desde a Praza de Bretaña e de 16.15 a 4.00 desde o recinto.

No propio festival o Concello habilitará un stand con información do LIFE Lugo+ Biodinámica, un proxecto do programa LIFE da UE que ten como obxectivo global poñer en práctica en Lugo unha estratexia innovadora de planificación urbana para lograr tecidos urbanos resilientes e adaptados ás consecuencias e efectos do cambio cliimático.

Tamén se realizará a campaña Caudal Fest Info-Drogas en colaboración con Asfedro, Asociación Ferrolana de Drogodependencias. Haberá ademais un punto violeta de prevención contra a violencia machista.

Comentarios