domingo. 24.10.2021 |
El tiempo
domingo. 24.10.2021
El tiempo

O Concello traballa para mellorar o funcionamento do sistema de citas na sanidade pública

Rubén Arroxo e Alexandre Penas reuníronse con Antonio Fernández. EP
Rubén Arroxo e Alexandre Penas reuníronse con Antonio Fernández. EP

Arroxo e Penas reuníronse con Antonio Fernández, xestor de procesos da área sanitaria de Lugo

 

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, e o edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas mantiveron unha xuntanza con Antonio Fernández, xestor de procesos da área sanitaria de Lugo, que compartiu con ambos edís as súas propostas para mellorar o sistema Hermes, o sistema de derivación rápida entre os centros de saúde e o hospital.

O tenente de alcalde afirmou que "valoramos positivamente as propostas de Antonio Fernández para mellorar a atención que se lle da ás veciñas e veciños na sanidade pública", e engadiu “o servizo público de saúde ten que apostar pola igualdade no trato á veciñanza, o que permitirá mellorar cuestións importantes como as listas de agarda para recibir consultas ou tratamentos”.

Rubén Arroxo afirmou que o Goberno Galego debe "garantir a mellor atención sanitaria posible a toda a poboación galega". O tenente de alcalde explicou que "é preciso blindar a atención sanitaria con profesionais e recursos garantir que todas as persoas poidan asistir a unha consulta médica, rematando con discriminacións e desigualdades que se veñen dando desde hai tempo, e que se acentuaron coa pandemia".
 

O Concello traballa para mellorar o funcionamento do sistema de...
Comentarios