sábado. 28.05.2022 |
El tiempo
sábado. 28.05.2022
El tiempo

O Concello de Lugo entregará as tarxetas cidadás nos próximos días

Cristina López.EP
Cristina López.EP

A área de Participación do goberno local sacou a concurso a adquisición de 10.000 tarxetas durante o 2021

O Concello de Lugo retomará nos vindeiros días a entrega de tarxetas cidadás aos veciños que así o solicitaron. Cristina López explicou que "durante o 2021 adquirimos 10.000 novas tarxetas para atender á demanda derivada do cambio de liñas de bus e das distintas campañas" para animar aos lucenses a facerse coa Tarxeta Cidadá.

A empresa adxudicataria do concurso, SELP Solutions Spain, interrompeu a entrega de tarxetas debido á subministración de semicondutores, debido a que o proveedor do chip usado pola tarxeta cidadá se atopa sen data concreta de espera.

A Tarxeta Cidadá conta con dúas interfaces de comunicacións. A interface "sen contactos" controla a radiofrecuencia de proximidade. A interface “con contactos”. Ademais a tarxeta conta con banda magnética e 5 kB de almacenamento.

A concellería de Participación está en contacto coa empresa concesionaria para atopar unha solución aos problemas de subministro no menor prazo de tempo posible. Trátase dunha situación excepcional derivada da crise sanitaria que está a afectar a diversos sectores en todo o mundo. O goberno de Lugo está a estudar o expediente de adxudicación para valorar a responsabilidade da empresa en caso de non poder formalizar a subministración de tarxetas.

O Concello de Lugo entregará as tarxetas cidadás nos próximos días
Comentarios