O Concello de Lugo avanza na parcelación dos terreos de A Croa

Evislusa encargarase dos traballos de redacción do proxecto de parcelación dos predios municipais neste núcleo de Albeiros
Foto de arquivo da alcaldesa, Lara Méndez e Miguel Couto, edil de Urbanismo
photo_camera Miguel Couto e Lara Méndez. ARCHIVO

O goberno local de Lugo aprobou este mércores o encargo a Evislusa para que redacte o proxecto de parcelación dos terreos municipais deste núcleo de Albeiros, paso previo necesario para facer entrega das escrituras aos propietarios das 15 vivendas.

O edil de urbanismo sostible, Miguel Couto, ditou unha providencia pola que, debido á insuficiencia de medios no departamento de arquitectura, deu traslado a Evislusa da realización destes traballos "co fin de dar cumprimento a unha débeda institucional para coas persoas propietarias destes inmobles".

O concelleiro explicou que "o obxecto das tarefas que asumirá a Empresa de Vivenda e Solo consisten na elaboración do proxecto de parcelación de predios municipais no núcleo de recente formación de A Croa e o encargo dos documentos asociados necesarios como o estudo topográfico, a validación catastral, o documento proforma, etc así como a creación dun proxecto de demolición de ao redor dunha decena de edificacións existentes e do acondicionamento de terreos no ámbito das expropiacións previstas ao efecto. Documentos que ascenden a 19.844 euros pero que non precisarán de consignación orzamentaria ao incluírse dentro das atribucións que pode executar esta mercantil, que opera como órgano instrumental do Concello".

Comentarios