jueves. 24.09.2020 |
El tiempo
jueves. 24.09.2020
El tiempo

Continúan as obras para mudar o chan na praza de Campo Castelo

Obras en Campo Castelo
Obras en Campo Castelo
Alexandre Penas afirmou que “este tipo de chan soporta unha carga maior, o que evitará estas roturas e mellorará tanto a estética como a mobilidade das veciñas e veciños na contorna”

O edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou este martes das actuacións que se están  a realizar no último treito da praza de Campo Castelo. Penas explicou que “debido á natureza das baldosas colocadas até o de agora, prodúcense moitas fisuras na súa superficie ao circular por ela vehículos pesados para o abastecemento dos locais da zona”.

“O novo chan consistirá no mesmo tipo de baldosa que se colocou no resto da praza de Campo Castelo”, afirmou Alexandre Penas, que engadiu “este tipo de chan soporta unha carga maior, o que evitará estas roturas e mellorará tanto a estética como a mobilidade das veciñas e veciños na contorna”.

A acción está a ser realizada pola Concellería de Infraestruturas e, segundo Alexandre Penas, “ademais de mellorar a contorna tamén permitirá reducir esforzos no mantemento que se tiña que realizar nesta zona por parte da Brigada Municipal de Obras para que poidan continuar a traballar nos distintos arranxos de toda a cidade”.

Continúan as obras para mudar o chan na praza de Campo Castelo
Comentarios