miércoles. 23.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 23.06.2021
El tiempo

As compras na Praza de Abastos e no Mercado de Lugo terán premio

Rubén Arroxo y Cristina López na Praza de Abastos. EP
Rubén Arroxo y Cristina López na Praza de Abastos. EP

A área de Participación retomará a campaña 'O noso Mercado é un agasallo' o sábado 20 de febreiro ►Terá lugar o primeiro e o terceiro sábado de cada mes

A concelleira de Participación e Servizos á veciñanza, Cristina López, anunciou o reinicio da campaña 'O noso Mercado é un agasallo', que fora posta en marcha durante o Nadal para promocionar as compras na Praza de Abastos e no Mercado Municipal. Comezará o vindeiro 20 de febreiro e terá lugar o primeiro e o terceiro sábado de cada mes.

Nun comunicado, Cristina López explica que “durante as mañás" habilitarase un posto na Praza de Abastos para que as persoas que fagan compras cun importe superior a 40 euros se acheguen cos tiques de compra para recibir o seu agasallo. 

Todas as persoas que realicen compras por máis de 40 euros na Praza e no Mercado recibirán un agasallo

"Continuamos a realizar campañas e promocións durante este ano para achegar á veciñanza os produtos de calidade e a atención persoal das e dos distintos profesionais de cada posto", indicou a edil de Participación.

A concelleira destacou a importancia do comercio local, "que demostrou a súa importancia durante a crise sanitaria", e afirmou que "neste momento é máis importante que nunca colaborar na reactivación económica e social, para o que o pequeno comercio se volve imprescindible".
 

As compras na Praza de Abastos e no Mercado de Lugo terán premio
Comentarios