miércoles. 27.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 27.10.2021
El tiempo

CONTIDO PATROCINADO POR SERFUJA

Como vai ser o primeiro Día de Defuntos desta 'nova normalidade'?

Instalacións de Jorbaflor no tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA
Instalacións de Jorbaflor no tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA
O ano pasado moitas persoas non puidemos acudir ao cemiterio polas restricións que había pola pandemia. Como será este ano?

Ao igual que o ano pasado, as limitacións dependerán da normativa de cada Concello. Aínda así, a saída de Galicia do estado de emerxencia sanitaria a vindeira semana fai prognosticar que o Día de Defuntos deste ano se asemelle máis ao de 2019 que o de 2020.

De feito, son moitas as familias que agardan por esta efeméride para poder lembrar as súas persoas falecidas cunha visita ao cemiterio, na que adoitan levar flores de recordo para depositar ao carón da tumba. A dureza dos tempos que vivimos fai que moita xente sinta a necesidade de ter esa pequena homenaxe individual, algo que se percibe aínda máis naqueles casos de defuncións durante a pandemia nos que se non se puido realizar unha despedida coma as habituais.

Moitas persoas optan por facerse coas súas flores para esta ocasión en empresas funerarias que, dentro do seu concepto de atención integral, tamén contan co apoio dunha floraría, como é o caso de Jorbaflor para Serfuja.

Envía a túa consulta a asgandaras.gal/dudas

Como vai ser o primeiro Día de Defuntos desta 'nova normalidade'?