Como cambiaron os funerais a consecuencia da pandemia?

Que impacto tivo a pandemia nos costumes e nas normas dos enterros ou as incineracións?
Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA
photo_camera Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA

O certo é que ao longo destes case dous anos que levamos xa de pandemia houbo distintas fases, condicionadas polas restriccións en vigor en cada momento. Aínda así, diría que hai dúas tendencias que foron unha constante: despedidas cada vez máis completas e tamén máis personalizadas.

Por unha banda, as familias contratan actualmente servizos máis completos para que o seu ser querido teña unha despedida á altura do que merece. Imaxino que a causa diso é a situación sociosanitaria que vivimos e que nos fai ter a todos os sentimentos moito máis a flor de pel. Ademais as limitacións que houbo- e nalgún caso aínda hai- tanto de aforo como de mostras de agarimo, tamén fan que a xente se volque aínda máis na organización da cerimonia. 

Pola outra, os servizos son cada vez máis personalizados. fronte á homoxeneidade que había antes, agora atendemos peticións do máis diversas. E, aó mesmo tempo, a xente demándanos cada día máis apoio en cuestións burocráticas ou en aspectos complementarios, coma o da flor, algo para o que é fundametal aplicar un concepto integral como o de Serfuja. 

Envía a túa consulta aquí

Comentarios