A Comisión de Acción Feminista do BNG avanza na planificación do 8M

Maite Ferreiro explicou que a formación organizará un debate previo sobre o papel da muller no sector económico
Maite Ferreiro, durante a comisión. EP
photo_camera Maite Ferreiro, durante a comisión. EP

A Comisión de Acción Feminista do BNG lugués celebrou unha xuntanza telemática na que avanzaron na planificación dos actos dun 8 de marzo condicionado pola situación sanitaria. 

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura en Lugo e Vicepresidenta da Deputación, explicou que a comisión acordou "darlle continuidade ás palestras sobre feminismo de xeito telemático".

Ferreiro avanzou que o BNG, como previa ao 8 de marzo, organizará un debate telemático "sobre o papel da muller no sector económico", con especial atención ás traballadoras dos Servizos de Axuda no Fogar e "as situacións que teñen que afrontar debido á crise sanitaria da covid".

A nacionalista explicou tamén que a formación apoiará as mobilizacións que organicen tanto a CIG como a plataforma Galegas 8M.

Comentarios