Comezan os traballos de renovación do asfalto do Camiño Primitivo en Lugo

Rubén Arroxo afirma que levaranse "a cabo tendo en conta a situación climatolóxica para garantir a máxima calidade"
Zona onde se están a realizar os traballos. EP
photo_camera Zona onde se están a realizar os traballos. EP

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou Castelo xunto co tenente de alcalde, Rubén Arroxo, onde veñen de dar comezo os traballos de renovación do asfalto do Camiño Primitivo e dos viais adxacentes. En total, a concellería de Infraestruturas renovará o firme do Camiño Primitivo e de 9 viais do barrio que, segundo explicou Rubén Arroxo, “presentan un estado de deterioro moi avanzado, sendo necesaria unha actuación en profundidade para garantir que sexan funcionais”. 

A solución adoptada pola concellería de Infraestruturas Urbanas consistirá na aplicación dunha capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, o que asegurará que a intervención sexa duradeira. Nos treitos nos que o ancho da vía sexa insuficientes para o paso da maquinaria adicada a aplicar este tipo de asfalto, optarase por habilitar unha capa de rodadura de formigón, de 15 cm. Unha vez rematado o asfaltado, adaptaranse os rexistros á nova cota da vía e renovarase a sinalización horizontal.

En total, a concellería de Infraestruturas inviste 116.600€ na realización dos traballos. Rubén Arroxo informou que “o asfaltado estase levando adiante tendo en conta a situación climatolóxica, para garantir a mellor calidade no resultado final”. “Esta actuación permitirá mellorar a imaxe de Lugo á entrada do camiño primitivo, ao mesmo tempo que mellora a calidade de vida da veciñanza, que a diario se despraza por estas vías”, declarou Arroxo.