miércoles. 18.09.2019 |
El tiempo
miércoles. 18.09.2019
El tiempo

Comezan os cambios na sinalización vial para implantar o plan de tráfico da Milagrosa

Nova sinalización de tráfico na Avenida da Coruña. XESÚS PONTE
Nova sinalización de tráfico na Avenida da Coruña. XESÚS PONTE

A Avenida da Coruña vive os primeiros cambios ►Seguiranlle Xulia Minguillón, Ramiro Rueda e Perpetuo Socorro

LUGO. Aínda que a reordenación do tráfico no barrio da Milagrosa tardará varios meses en implantarse, xa se levaron a cabo os primeiros cambios na sinalización vial horizontal, concretamente na Avenida da Coruña.

Este plan de tráfico afectará a cinco rúas e ten como novidade principal -trala peonalización da praza- o cambio de sentido de circulación da Rúa Mallorca. Tamén haberá cambios en Xulia Minguillón, Ramiro Rueda e Perpetuo Socorro. Mesmamente, o último cambio permitirá acceder á rúa Reverendo Xosé Fernández e á praza Agro do Rolo a través da Avenida da Coruña cando se circule en ambos sentidos.

PARCHES. Por outra banda, o concelleiro do PP de Lugo Ángel Trabada solicitou ao goberno local "a reparación inmediata do blandón que hai na avenida Duquesa de Lugo, no cruce coa rúa Monte Faro". Trabada sinalou que "os parches que caracterizaron o mandato de Lara Méndez propiciaron un derroche en poñer solucións momentáneas aos problemas en varios puntos da cidade, que aparecen de novo debido a que non se tomaron as solucións axeitadas".

Comezan os cambios na sinalización vial para implantar o plan de...
Comentarios