Comeza a última fase do asfaltado das Gándaras

"Está a piques de rematar unha actuación necesaria para mellorar a calidade de vida da veciñanza", afirmou Rubén Arroxo
Este venres iniciouse en lugo a última fase de asfaltado das Gándaras. O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, visitaron o barrio para comprobar o avance dos traballos de renovación do firme de varios viais.

"Unha vez rematen estes traballos renovarase a sinalización horizontal", afirmou Arroxo. O tenente de alcalde tamén explicou que "a veciñanza pode desfrutar xa do firme completamente renovado, con accesos e viais completamente renovados que se atopaban nun avanzado estado de deterioro anteriormente".

O Goberno de Lugo actuou nas rúas Vagalume, Bolboreta, Paporrubio, Galo, Gaivota, Toledo, Areas, Rola, Camiño de Gustavo e Pombo, ademais dos ramais de acceso da rúa da Rola á Avenida Adolfo Suárez, Bolboreta a Monte Pía Páxaro e Adolfo Suarez á Urbanización Castro Gil. Os traballos consistiron na aplicación dunha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará un selado do firme ante a acción da auga e unha prolongada duración da actuación. 

O tenente alcalde afirmou que "traballamos para mellorar a calidade de vida da veciñanza que utiliza estes viais a diario". Arroxo destacou o traballo da concellería de Infraestruturas, que busca " mellorar as zonas urbanas e periurbanas da cidade e garantir que toda a veciñanza poida desprazarse con seguridade".
photo_camera Este venres iniciouse en lugo a última fase de asfaltado das Gándaras. O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, visitaron o barrio para comprobar o avance dos traballos de renovación do firme de varios viais. "Unha vez rematen estes traballos renovarase a sinalización horizontal", afirmou Arroxo. O tenente de alcalde tamén explicou que "a veciñanza pode desfrutar xa do firme completamente renovado, con accesos e viais completamente renovados que se atopaban nun avanzado estado de deterioro anteriormente". O Goberno de Lugo actuou nas rúas Vagalume, Bolboreta, Paporrubio, Galo, Gaivota, Toledo, Areas, Rola, Camiño de Gustavo e Pombo, ademais dos ramais de acceso da rúa da Rola á Avenida Adolfo Suárez, Bolboreta a Monte Pía Páxaro e Adolfo Suarez á Urbanización Castro Gil. Os traballos consistiron na aplicación dunha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará un selado do firme ante a acción da auga e unha prolongada duración da actuación. O tenente alcalde afirmou que "traballamos para mellorar a calidade de vida da veciñanza que utiliza estes viais a diario". Arroxo destacou o traballo da concellería de Infraestruturas, que busca " mellorar as zonas urbanas e periurbanas da cidade e garantir que toda a veciñanza poida desprazarse con seguridade".

Comentarios