Comeza no parque Rosalía de Castro a colocación do primeiro aseo autolimpable da cidade

Os baños situados baixo o palco de música levan anos pechados

O urinario público do parque Rosalía de Castro. EP
photo_camera O urinario público do parque Rosalía de Castro. EP

O Concello comezou este mércoles a instalar no parque Rosalía de Castro o que será o primeiro aseo autolimpable de Lugo. O servizo foi proposto e negociado por Lugonovo no orzamento municipal de 2016 debido á demanda que hai de baños públicos na cidade. No Parque hainos debaixo do palco de música, pero hai anos que están pechados porque había quen facía un uso inadecuado deste espazo.

Agora mesmo, calquera persoa pode recorrer aos servizos da cafetería do Rosalía de Castro, que é unha instalación municipal xestionada por unha empresa privada. Porén, moitos cidadáns descoñecen esa posibilidade e teñen o problema de que non son accesibles, xa que para chegar a eles hai escaleiras.

O aseo autolimpable custou arredor de 40.000 euros e tivo que adaptarse ás características do lugar, xa que o Parque é un espazo con protección. Así, por exemplo, o revestimento da instalación é de madeira.

O servizo estase a colocar nun dos laterais do xardín, do lado da avenida García Portela.

Comentarios