Comeza a instalación da iluminación no exterior do MIHL

O novo alumeado da zona conta cun total de 23 luminarias led de 53W, cun investimento de 41.331,18 euros
Rubén Arroxo e Alexandre Penas na súa visita ao MIHL. CEDIDA
photo_camera Rubén Arroxo e Alexandre Penas na súa visita ao MIHL. CEDIDA

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co edil de Infraestruturas, Alexandre Penas, visitaron o MIHL, onde veñen de comezar os traballos de instalación da iluminación na zona exterior do museo. Arroxo explicou que "continuamos a avanzar na mellora da accesibilidade da zona, eliminando unha zona escura da cidade e mellorando o acceso ao museo".

Rubén Arroxo: "avanzamos na mellora da accesibilidade da zona, eliminando zonas escuras e dando un mellor acceso ao museo"

Con esta actuación, o Goberno de Lugo instalará 23 novas luminarias led, de 53W, avanzando na instalación de luminarias de baixo consumo en todas as instalacións da rede de iluminación público de Lugo. En total invístense 41.331,18 euros. Arroxo explicou que "os traballos desenvolveranse durante as vindeiras semanas".

Por outra parte, o Tenente Alcalde destacou o potencial do MIHL como espazo expositivo, e destacou que "este ano, unha soa exposición do MIHL recibiu máis de 10.500 visitantes, superando todas as marcas históricas do museo", e engadiu "desde o Goberno de Lugo continuaremos a achegar propostas expositivas de calidade ao MIHL para facilitar que todas as persoas de Lugo e as persoas que nos visiten descubran unha instalación tan singular coma esta".

Comentarios