miércoles. 22.09.2021 |
El tiempo
miércoles. 22.09.2021
El tiempo

Comeza a VII edición do Arde Lúpulus

Os edís do BNG, na feira do Arde Lúpulus.EP
Os edís do BNG, na feira do Arde Lúpulus.EP

Rubén Arroxo visita a feira da cervexa artesá da praza Horta do Seminario, onde os visitantes poderán probar 70 variedades desta bebida

Rubén Arroxo, acompañado de concelleiros das áreas da tenencia de alcaldía asistiron á inauguración da VII edición da Feira da Cervexa Artesá de Lugo Arde Lúpulus que comezou este xoves na praza Horta do Seminario. "Esta mostra permitirá á veciñanza de Lugo desfrutar de cervexas artesás de distintas partes de Galiza e do estado, descubrindo esta forma de producir cervexa e os distintos estilos", declarou Rubén Arroxo.

A mostra estará aberta entre este xoves e o domingo, en horario de 12 a 20 horas. A veciñanza que se achegue poderá desfrutar de diversas actividades, como catas, actuacións musicais e obradoiros, ademais de contar coa presenza de distintos food trucks. Está organizada pola Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns e contar coa presenza de cinco marcas de cervexa artesá producidas na Galiza, entre as que se atopan as lucenses A Cova da Serpe e Bubela.

Desde a organización elaborouse un protocolo para poder levar adiante as actividades de xeito seguro,  e permitir que a veciñanza desfrute dun produto que está a gozar dunha gran popularidade.

Comeza a VII edición do Arde Lúpulus