Un combate de pintura mural inaugurará a segunda edición do Culturban

Rubén Arroxo presentou a mostra xunto ao artista local Iago Eireos
Arroxo, con Eireos. EP
photo_camera Arroxo, con Eireos. EP

A II edición do festival de arte lucense Culturban comenzará o vindeiro 21 de agosto coa celebración dun combate de pintura mural. O tenente de alcaldesa, Rubén Arroxo, presentou este xoves a proposta acompañado polo artista local Iago Eireos, que representou ao espazo Lupa Arte. 

O combate contará coa participación de dez muralistas, que serán seleccionados pola súa traxectoria artística. Aquelas persoas que desexen participar poderán inscribirse ata o 13 de agosto. Para elo deberán achegar un currículo e un documento cos seus proxectos e traballos máis relevantes. Os dez seleccionados conocerán a decisión o 17 de agosto. 

"Retomamos por segundo ano esta proposta que nos permitiu durante os últimos meses desfrutar de varias intervencións artísticas por toda a cidade, mellorando a imaxe de moitas rúas de Lugo", explicou Arroxo. 

PREMIOS. Os tres mellores murais lograrán premios por valor de 1.000, 700 e 300 euros respectivamente. 

Comentarios