Ciudadanos urxe a PSOE e BNG a aprobar a Ordenanza reguladora de Publicidade Exterior

A voceira do grupo municipal, Olga Louzao, instou ao Goberno local a tramitar con urxencia esta ordenanza cuxo anuncio de redacción foi publicado no Boletín Oficial da Provincia o 9 de xaneiro de 2017. O atraso está a xerar situacións irregulares e a  causar importantes consecuencias estéticas e ambientais por mor dos valos instalados de forma indiscriminada
la portavoz de Ciudadanos Galicia, Olga Louzao, ofrece declaraciones tras registrar una propuesta sobre medidas de igualdad.
photo_camera Olga Louzao. AEP

A voceira do grupo municipal de Cs, Olga Louzao, denunciou este martes o inadmisible atraso na aprobación da ordenanza que regula a instalación de publicidade exterior. "O noso grupo presentou no 2015 unha proposición refrendada polo pleno para acabar coa colocación indiscriminada de valos publicitarios e regular o seu uso dentro do noso municipio. Sen embargo, sete anos despois segue sen estar aprobada. E non solo isto, se non que os membros do Goberno, como o Concelleiro de Deportes, Mauricio Reppeto, presumen desta falta de regulación ao enorgullecerse  que deixar en mans dos clubs deportivos a xestión de la publicidade sen ningún tipo de regulación, o que supón unha ilegalidade manifesta. É inadmisible a inacción deste Goberno e a súa falta de celo non cumprimento da legalidade", sinalou a voceira da formación laranxa. 

Louzao explicou que durante o pasado mandato o Goberno local anunciou a súa elaboración, que sen embargo segue sen ser unha realidade a día de hoxe. De feito, o 9 de xaneiro de 2017 o Goberno municipal publicaba no Boletín Oficial da Provincia o anuncio da elaboración desta ordenanza para permitir aos distintos colectivos afectados e á cidadanía en xeral participar no proceso e facer aportacións.  No anuncio feito no BOP dábase un prazo de 15 días ás persoas interesadas para facer as súas achegas e suxestións coa intención de que foran recollidas na nova norma. "O proceso quedou totalmente paralizado nese punto. Desde 2017 o Goberno local non deu un paso máis para paliar o problema que supón a falta de regulación da publicidade exterior. Esiximos que se poñan a traballar de inmediato xa que esta falta de regulación ten consecuencias graves. Tanto económicas, xa que o Concello deixa de percibir ingresos por  esta publicidade, como estéticos, pola falta de ornato, e medioambientais, polo impacto da isntaalción indiscriminada", sinalou a edila. 

O grupo municipal de Cs considera  que a falta de  vontade política do Goberno municipal está a xerar importantes consecuencias, tanto para os anunciantes, que carecen de seguridade xurídica, como para os veciños de Lugo, que sofren a instalación deste tipo de publicidade en moitas ocasión en lugares que non son adecuados para elo e cun importante impacto ambiental. "Ademais, a falta de regulación está a xerar unha carga extra de traballo totalmente innecesario para os funcionarios municipais xa que nos últimos anos estanse a abrir numerosos expedientes por este asunto", apuntou Louzao.

"Unha norma básica para frear o feismo" 

Ademais dos valos de publicidade, da publicidade nas instalación deportivas municipais ou nos aparcadoiros subterráneos da cidade existe outro aspecto fundamental para a conservación estética da cidade que está a espera de que se aprobe esta normativa. "Nos propoñemos que se regule a instalación e os aspectos formais da colocación de lonas decorativas para tapar edificios en mal estado, ruínas urbanísticas ou medianeiras antiestéticas. É fundamental contar cunha regulación para este asunto. A cidade estase a resentir pola falta de iniciativa do Goberno local", apuntou Louzao. "Barrios como A Milagrosa e o Barrio Feijóo, o centro da cidade, na Rolda da Muralla e en rúas do casco histórico, están moi afectadas pola falta de iniciativa deste Goberno. Xa que non se obriga a que se arranxen os edificios, nin se incentiva con axudas aos propietarios, e necesario que se regule de xeito urxente as lonas para tapalos, como se fai en outras cidades do noso país", concluíu.