Contido patrocinado por Serfuja

É certo que xa se fan misas de enterro nos tanatorios?

O outro día escoitei que algúns tanatorios están a acoller misas de enterro. Que hai de certo niso?
Sala oratoria do tanatorio Serfuja As Gándaras. CEDIDA
photo_camera Sala oratoria do tanatorio Serfuja As Gándaras. CEDIDA

Trátase dunha opción á que recorren cada vez máis familias para organizar os ritos de despedida dos seus seres queridos. O feito de celebrar a misa nun tanatorio non impide que logo poidan ser igualmente soterrados no cemiterio parroquial: para iso, só deben contar coa licenza de enterramento que expide o Rexistro Civil ou o xulgado, en función das circunstancias do falecemento.

Segundo as nosas estatísticas, nos primeiros meses do 2021 un de cada tres servizos que realizamos nas nosas instalacións do polígono das Gándaras e a metade dos que fixemos nas de Castro Ribeiras de Lea foron así, con misa nas nosas capelas. Nelas pódese introducir a caixa co cadáver para a despedida grazas ao deseño das dependencias.

En calquera caso, cómpre ter en conta que se trata sempre dunha decisión que toman as familias e que no caso da empresa Serfuja non se repercute economicamente sobre elas. Deste xeito, o servizo non se encarece polo feito de que a misa de enterro teña lugar nun dos nosos tanatorios.

Envía a túa consulta a asgandaras.gal/dudas