martes. 07.12.2021 |
El tiempo
martes. 07.12.2021
El tiempo

CONTIDO PATROCINADO POR SERFUJA

É certo que a provincia de Lugo é unha das de toda España que menos xente con seguro de decesos ten? Por que?

Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA
Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA

Segundo o informe que presentou recentemente a patronal do sector (UNESPA), só o 25,68% da poboación da provincia de Lugo conta cun seguro de decesos, de xeito que se sitúa entre as sete provincias de toda España que menos pólizas deste tipo ten contratadas. A nivel galego, as outras tres provincias rozan ou superan a media española (46,64%), coa de Pontevedra á cabeza (54,5%), seguida da da Coruña (48,96%) e da de Ourense (46,06%).

Vendo as estatísticas de Ourense, cun perfil sociodemográfico moi similar ao noso, coido que esta diferenza tan considerable ten que ver coa concienciación da sociedade luguesa sobre as particularidades desta fórmula, que é unha alternativa máis, pero que pode non ser a máis acaída en moitos casos. En calquera caso, cómpre ter sempre en conta que, ao igual que lles ocorre ás persoas sen pólizas de decesos, a elección da empresa fúnebre sempre recae nas familias da persoa falecida, sen que a aseguradora poida impoñer ningunha.

Envía a túa consulta a asgandaras.gal/dudas
 

É certo que a provincia de Lugo é unha das de toda España que menos...