Contido patrocinado por Serfuja

É certo que os pais herdan sempre antes có viúvo da persoa falecida?

O outro día escoitei que os pais teñen prioridade á hora de herdar en comparación co cónxuxe da persoa falecida. Que hai de certo?
Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA
photo_camera Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA

Iso é o que ocorre sempre e cando non se preparara un testamento no que se acreditase documentalmente cales son as decisións da persoa falecida: se o hai, a herdanza repartirase conforme ao que deixara estipulado.

Pero, naqueles casos nos que non exista este documento legal, o que rexe é o Código Civil e o Dereito Civil de Galicia, onde se establece que a prioridade nas herdanzas é para os descendentes, tanto fillos como netos, sexan biolóxicos ou adoptados. Nun segundo escalafón situaríanse os seus ascendentes (isto é, pais ou avós), mentres que o terceiro lugar ocúpao o cónxuxe, por diante dos irmáns e os sobriños da persoa falecida.

Polo tanto, na práctica isto supón que se un membro dun matrimonio falece sen ter preparado o testamento e sen fillos (polo tanto, descendencia), quen herdarían en primeira instancia serían os seus pais, na súa condición de ascendentes. Mentres, o cónxuxe recibiría só o usufruto da metade da herdanza, o que se coñece popularmente como a lexítima do viúvo.

Envía a túa consulta a asgandaras.gal/dudas