martes. 07.12.2021 |
El tiempo
martes. 07.12.2021
El tiempo

CONTIDO PATROCINADO POR SERFUJA

É certo que o coronavirus foi a terceira causa de morte en 2020?

Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA
Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA
Esta semana escoitei que a covid-19 se converteu na terceira enfermidade que máis mortes provocara o ano pasado. É verdade?

Debemos poñer en relación as estatísticas co ámbito ao que se refiren. Así, aínda que na media de toda España o coronavirus foi a terceira causa máis frecuente de morte, na provincia de Lugo non sucedeu o mesmo.

Deste xeito, o informe Defuncións segundo a Causa de Morte que vén de publicar o Instituto Nacional de Estadística avala que os falecementos derivados de enfermidades infecciosas supuxeron en 2020 un 16,4% de todas as defuncións españolas. En concreto, houbo uns 80.800 casos deste tipo, entre os que se atopan os confirmados en covid-19 e os sospeitosos, segundo o que reflicten os partes médicos correspondentes.

Pola contra, na provincia de Lugo as mortes por enfermidades infecciosas e parasitarias representaron menos dun 5% do total, xa que só 235 das 5.093 rexistradas se atribuíron a este tipo de doenzas. Neste senso, foron máis frecuentes as defuncións por patoloxías do sistema circulatorio, por tumores, por doenzas do sistema respiratorio, por trastornos mentais ou do comportamento e por enfermidades do sistema dixestivo.

Envía as túa consulta a asgandaras.gal/dudas

É certo que o coronavirus foi a terceira causa de morte en 2020?