jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

CONTIDO PATROCINADO POR SERFUJA

É certo que as cinzas dunha incineración non se poden gardar na casa?

Instalacións do tanatorio Serfuja As Gándaras. CEDIDA
Instalacións do tanatorio Serfuja As Gándaras. CEDIDA

O outro día lin neste xornal que o bispo de Ourense dicía que as cinzas dunha cremación non se podían ter na casa. É certo?

Debemos distinguir sempre entre o que di a normativa e o que son preceptos da relixión católica. É neste dobre contexto no que cómpre interpretar as declaracións do bispo Leonardo Lemos Montanet.

Deste xeito, dende a perspectiva legal non existe restrición de ningún tipo sobre o lugar no que se poden gardar as cinzas procedentes dunha cremación. De feito, hai familias que as queren conservar nalgún espazo de especial valor, coma o cuarto da persoa falecida, ou ben no seu xardín, nunha finca da súa propiedade ou ao amparo dunha árbore.

Non en van, a lexislación autonómica sinala explicitamente que as cinzas poden ser depositadas nunha sepultura, columbario, propiedade privada ou outro destino compatible coas normas ambientais e sanitarias vixentes, para o que se recomenda sempre a utilización de urnas biodegradables.

Polo tanto, esas palabras han enmarcarse máis nunha postura relixiosa que nunha cuestión de tipo legal.

Envía a túa consulta a asgandaras.gal/dudas

É certo que as cinzas dunha incineración non se poden gardar na casa?