Contido patrocinado por Serfuja

É certo que os cadáveres con covid teñen que gardar corentena?

É norma habitual que un cadáver con covid-19 deba gardar corentena, como lle ocorreu a algún dos mariñeiros do Villa de Pitanxo?
Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA
photo_camera Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA

Hai que ver a normativa de cada país: no caso concreto deses dous mariñeiros, foi unha restrición derivada das limitacións aprobadas en Perú, que foi quen impuxo ese intervalo de tempo de entre sete e dez días en Canadá para os seus cidadáns. Pola contra, outros cadáveres da tripulación si foron repatriados a España malia a sospeita, segundo as testemuñas dalgún dos familiares dos falecidos, de teren covid.

Isto foi posible porque en España non existe ningunha obrigatoriedade de corentena para persoas falecidas con covid-19, aínda que si se deben aplicar certas particularidades á hora de tratar este tipo de cadáveres segundo as recomendacións das administracións públicas competentes. Todas elas céntranse no traballo a desempeñar polas empresas do sector fúnebre, coma no uso de bolsas ou sudarios específicos para introducir o corpo.

Porén, a ollos da familia ou de calquera ser querido que acuda ao velorio non existe ningunha marca ou indicio que lles permite saber se o corpo tiña coronavirus ou non.

Envía a túa consulta a asgandaras.gal/dudas