Carmen PG. Granxeiro se pone a contar mentiras en la galería Iskoö de Lugo

A artista local presenta unha mostra na que que reflexiona sobre as múltiples realidades. Fotocollages, volumes ou videoinstalacións forman parte do proxecto 'Mentireira'
Carmen PG. Granxeiro, este martes na galería Iskoö.
photo_camera Carmen PG. Granxeiro, este martes na galería Iskoö.

A galería Iskoö de Lugo acolle dende onte a exposición ‘'Mentireira'’ de Carmen PG. Granxeiro, un proxecto no que a artista local xoga co concepto de realidade, desbotando a idea dunha soa e única. Faino a través de 25 pezas que son unha miscelánea de materiais e soportes, desde o que ela bautiza como fotocollages ata videoinstalacións.

«‘Mentireira’ é unha mirada divertida ás realidades, con vontade de sorrisos e de reflexións caladas», comenta esta nova artista

«‘Mentireira’ é unha mirada divertida ás realidades, con vontade de sorrisos e de reflexións caladas. O son da verdade é o silencio que rompen os nosos pasos. As mentiras resoan baixo os nosos pés», di a carta de presentación desta mostra.

O percorrido por estas realidades que propón Granxeiro comeza por unha peza que é o xerme de todo o proxecto: unha teteira. A súa gata Areta escachouna un día, pero a súa parella volveuna colocar onde estaba con parte da súa estrutura desaparecida. A teteira parecía intacta ou víase claramente rota, según como se mirase. «A raíz de aí, o de que a realidade non existe. Unha soa realidade non existe. Empecei a facer bocetos e a recrear realidades», recorda.

A primeira parte da exposición ofrece unha serie de autorretratos íntimos nos que se parodia a si mesma, tamén cun trasfondo relixioso: «Faime gracia recrear estas historias, aínda que non teño a intención de ofender a ninguén», aclara.

Nunha das pezas, un fotocollage, pódese ver á artista paríndose a si mesma, como símbolo do nacemento. As supersticións, o holocausto, a ascensión ou a crucifixión tamén están presentes nestes primeiros cadros de pequeno formato.

Unha segunda parte de ‘Mentireira’ é unha homenaxe á amiga e cesteira Lola Tourón, con catro collages nos que inclúe dous leit motiv da exposición: a teteira que rompeu a gata Areta e a mosca, tamén como elemento que aparece e desaparece da ¿realidade? Son as cousas que pasan. Acontecementos transformados por unha mentireira.

«Todas as obras estan fiadas», di a artista. De feito, na serie ‘Elementos que crean o percorrido sentido’, reflexiona sobre todas as outras obras, os materiais e o proceso de creación, co debuxo das mans cun rato, uns lápices, unha cámara fotográfica e un grande e vermello corazón: «Sen el non estaría aquí, claro», di ríndose.

Non se olvida Granxeiro dos sentidos que constrúen, das sensacións do espectador. «A partires de pequenos retratos que se recrean nos sentidos e nas diversas combinacións das percepcións, achegámonos á imposibilidade da realidade única ou da verdade como feito impositivo», expón. «Todos nós, nos consideremos ou non artistas, estamos creando e recreando para nós mesmos e para os demais, mesmo cando lle contas unha cousa a alguén».

Granxeiro, nada en Lugo no 1985, continúa a facer con ‘Mentireira’ o que enche a súa vida dende moi nova: a expresión artística.

Estudiou na Universidade de León o título Cinematografía e Artes Visuales, para finalizar a diplomatura finalmente no Centre d’Estudis Cinematogràfics de Catalunya en Realización e Guion Cinematográficos. Como artista ten traballado en diferentes cidades como Lisboa ou Berlín.

Comentarios