Carlos Fernández: "Virán dúas expertas falar dun condenado a morte nos Estados Unidos"

O portavoz de Amnistía Internacional en Lugo anunciou unha charla en O Vello Carcere este mércores
Carlos Fernández, voceiro de Amnistía Internacional en Lugo /AEP
photo_camera Carlos Fernández, voceiro de Amnistía Internacional en Lugo /AEP

Quen son as convidadas?
Son dúas persoas que traballan nun programa federal de Estados Unidos que defende a condenados a morte sen recursos en Alabama. Kacey Keeton é avogada e Miriam Bankston é investigadora.

Sobre qué van falar?
Falarán sobre o caso de Rocky Meyers,que leva trinta anos penado a morte. É unha persoa negra con discapacidad intelectual. Un xurado formado por once brancos de doce membros condenouno sen probas a cadea perpetua e o xuíz elevou a pena a morte. Ese aumento declarouse ilegal, pero non se pode anular con efecto retroactivo. O avogado que lle asignaron era un exmembro do Klu Klux Klan. O avogado abandonou a defensa sen avisarlles, polo que Meyers quedou sen posibilidade de interpoñer recursos.

Por que veñen a Lugo as dúas expertas?
Porque levamos o caso desde hai uns anos. Promovemos unha moción no Concello para que lle desen o indulto recollemos sinaturas e enviamos tarxetas postais á gobernadora de Alabama.

A que hora será a charla?
Será este mércores ás 20.30 horas no Vello Cárcere.