Contido patrocinado por Serfuja

Canto adoita durar o dó pola morte dunha persoa da familia?

Canto tempo pode prolongarse o dó pola perda dun familiar? É o mesmo para todas as persoas?
Instalacións do tanatorio Serfuja As Gándaras. CEDIDA
photo_camera Instalacións do tanatorio Serfuja As Gándaras. CEDIDA

Non existe unha resposta universal, xa que a intensidade coa que cadaquén vive o dó depende da súa propia personalidade, do estreito que fora o vínculo con quen faleceu e tamén das circunstancias da perda. Así, non provoca o mesmo impacto emocional a perda imprevista dun fillo co que convivimos cá dun familiar ao que vemos só en datas sinaladas.

Outro factor que inflúe considerablemente é a idade: entre as persoas maiores, as reaccións do dó adoitan durar máis tempo como consecuencia das dificultades de adaptación, a soidade e o temor ao futuro.

Pero máis importante có tempo que cada persoa precise para afrontar o dó é que se vaia apreciando unha evolución nel. Así, do shock ou parálise inicial (unha etapa habitualmente marcada pola apatía e axitación) pásase tanto á dor e alivio (combínase coa resignación) como ao resentimento; e, finalmente, ao que se coñece como recordo, unha fase definida pola pena e as lembranzas dos episodios vividos coa persoa falecida.

Envía a túa consulta a asgandaras.gal/dudas