Contido patrocinado por Serfuja

Cando morremos sabemos que acabamos de falecer?

Sempre tiven a curiosidade de saber se unha persoa é consciente de que acaba de morrer e como funciona o cerebro nestes procesos
Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA
photo_camera Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA

En contra do que moita xente pensa, hai investigacións que avalan que as persoas serían conscientes da súa morte debido a que a corteza cerebral é a última parte do corpo en deixar de funcionar.

Así, un estudo levado a cabo durante catro anos por científicos da Escola de Medicina NYU de Nova York, entre os que se atopa o doutor San Parnia —director da área de coidados intensivos—, conclúe que a consciencia dunha persoa falecida mantense en funcionamento despois de que o corpo deixe de emitir sinais de vida.

Para a súa investigación baseáronse na análise de pacientes que sufrían un paro cardíaco e que, antes de seren reanimados con éxito, estiveran durante un breve tempo tecnicamente mortos (isto é, que o seu corazón deixara de later). Segundo manifestaron estes doentes, tiñan consciencia das conversas completas e eran coñecedores das cousas que aconteceran ao redor deles.

Envía a túa consulta a asgandaras.gal/dudas