Candia propón para A Milagrosa "máis seguridade, apoio ao comercio, alternativas de inserción laboral e axudas á rehabilitación"

A candidata do PP á Alcaldía de Lugo anuncia que activará na sede do Partido Popular un punto de asesoramento no que se ofrecerá información básica para lucenses afectados por casos de okupacións

A candidata do PP á Alcaldía de Lugo, Elena Candia, vén de anuncia que nos próximos días activará un punto de asesoramento para as persoas afectadas por okupacións. A popular tamén porá a disposición da cidadanía un díptico con información básica sobre os pasos que hai que dar para recuperar unha propiedade privada na que entraron okupas. A candidata explicou que esta proposta  “é unha medida inmediata para dar resposta ás numerosas peticións que lle fixeron chegar os veciños da Milagrosa na reunión que tivo lugar o pasado mércores 23 de novembro”. 

Esta acción de asesoramento, que se vai centralizar na sede do Partido Popular na rúa Poeta Ramón Cabanillas nº14, forma parte dun paquete de medidas nas que a candidata está a traballar e que pivotan en catro eixos: Primeiro, Candia afirma que cando sexa alcaldesa implantará unha delegacion da Polícia Local no barrio da Milagrosa a modo de extensión da central de San Fiz “co obxectivo de que os axentes gañen terreo en actuacións de proximidade nun barrio onde a poboación incrementouse nos últimos anos acollendo e facilitando a integración”. O reforzo da Policía Local na rúa é outra das súas prioridades para gañar en seguridade.

"Quero ser útil e ser parte da solución"

En segundo lugar, a candidata do PP quere impulsar un plan de rehabilitación e recuperación dos inmobles con axudas e bonificacións. Este programa repercutirá tamén na mellora dos espazos públicos dotándoos de servizos e de aparcadoiros. “Consideramos que a recuperación dos edificios deste barrio é clave para frear a degradación que sufre a Milagrosa logo de máis dunha década de brazos cruzados, por parte do goberno local, que leva prometendo dende 2011 que se declare o corazón do barrio área de rehabilitación”.

En terceiro lugar, e de forma paralela á rehabilitación, é fundamental poñer en marcha un plan de dinamización con iniciativas para apoiar ao pequeno comercio e establecer liñas de subvención específicas para axudar ao comercio de proximidade “creo firmemente que hai que incentivar o investimento nesta zona que está a dez minutos do centro e ten unhas grandes posibilidades e un magnífico comercio de cercanía”.

Todas estas accións deben ir da man dun plan de intervención social coordinado dende Servizos Sociais, nese senso, Candia promoverá  un plan de formación e de inserción laboral específico para o barrio.

As catro propostas clave do PP de Lugo para A Milagrosa

► Maior presenza policial e implantación dunha delegación da Policía Local no barrio
► Impulso á rehabilitacion de edificios cun amplo programa de axudas e de espazos públicos para dotar de servizos e de aparcadoiros 
► Plan de choque para impulsar o comercio de proximidade, axudas para comercios emblemáticos e tradicionais
► Programa de formación e de inserción laboral específico para A Milagrosa