Cancelada a carreira Corre con Nós da fin de semana ante o coronavirus

Participantes en una de las pruebas del circuito de carreras populares Corre con Nós
photo_camera Participantes nunha das probas do circuíto de carreiras populares Corre con Nós. ARQUIVO

A Concellería de Deportes de Lugo anunciou este mércores a cancelación da carreira Corre con Nós prevista para esta fin de semana. Asegura que actúa seguindo indicacións dos ministerios de Sanidad e Deporte, co fin de evitar a propagación do coronavirus.

"A pesar de que non se detectaron alarmas sanitarias ao respecto na cidade, o Concello tomou a decisión de suspender esta proba na que xa se atopaban inscritas máis de 1.200 persoas", apunta.

A determinación obedece a "unha medida de prevención" á vista das recomendacións das autoridades sanitarias e do Consejo Superior de Deportes. Á espera de que se fixe a nova data para a proba, o Concello lamenta as molestias que poida ocasionar a cancelación aos atletas.