Dous estudantes do campus de Lugo elaboran un proxecto de mobilidade sostible centrado nos patinetes

O tenente de alcalde puxo en valor esta proposta que coincide coa Semana Europea da Mobilidade
Arroxo, na súa visita a Ade. EP
photo_camera Arroxo, na súa visita a Ade. EP

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, visitou este martes o campus de Lugo para coñecer un proxecto de mobilidade sostible elaborado por dous estudantes do grao de Empresa e Tecnoloxía. 

O tamén responsable das áreas de mobilidade e infraestruturas realizou a visita á facultade de Administración e Dirección de Empresasa acompañado pola vicerreitora de coordinación do campus, Montse Valcárcel, e por un representante de Ade.

O nacionalista destacou o proxecto presentado por estes dous estudantes como unha mostra "da gran capacidade creativa das e dos estudantes do campus de Lugo" e destacou que "desde as institucións traballamos para consolidar á universidade como un gran polo de coñecemento que poida sacar adiante proxectos para mellorar a vida de toda a veciñanza".

O proxecto consiste nun sistema de mobilidade sostible a través de patinetes eléctricos, "unha proposta interesante especialmente na Semana Europea da Mobilidade, cando toca esforzarse para convencer á veciñanza para que utilice medios de transporte alternativos".

Comentarios