Contido patrocinado por Serfuja

Cal é a primeira chamada que hai que facer cando se produce unha morte?

Cando falece unha persoa na casa, a quen hai que chamar primeiro para iniciar os trámites de recollida do cadáver?

Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA
photo_camera Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA

Para que unha empresa funeraria poida intervir é preciso que haxa un recoñecemento profesional de que esa persoa está falecida. O responsable de emitir ese documento, coñecido popularmente como exitus, é sempre un médico.

Polo tanto, esa primeira chamada pode ser tanto directamente aos servizos médicos (ben ao 061 ou ben ao PAC) coma á empresa funerario escollida. No caso de Serfuja, seguindo a nosa filosofía de servizo integral, acompañamos ás familias cunha explicación pormenorizada dos trámites a realizar dende ese primeiro intre.

Naqueles casos de persoas con seguro de decesos o procedemento é exactamente o mesmo, dado que as familias teñen plena liberdade para elixir cal será a empresa que se ocupe da realización do servizo. Isto significa que ningunha aseguradora pode impoñer unha ou outra empresa, senón que esa decisión recao exclusivamente nos seres queridos da persoa falecida.

Envía a túa consulta a asgandaras.gal/dudas