lunes. 08.03.2021 |
El tiempo
lunes. 08.03.2021
El tiempo

A brigada de obras de Lugo recibe un novo vehículo de traballo

Alexandre Penas e Rubén Arroxo xunto a un traballador da brigada. EP
Alexandre Penas e Rubén Arroxo xunto a un traballador da brigada. EP
Rubén Arroxo destacou “o labor que realiza a brigada, que permite facer moitas actuacións pequenas que garanten o benestar da veciñanza”

O persoal da brigada municipal de Lugo de vías e obras vén de recibir un novo vehículo de traballo, dentro da renovación que se está a levar adiante desde a concellería de Infraestruturas. O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, destacaron o labor que realiza a brigada.

Rubén Arroxo explicou que “esta acción é moi importante para mellorar as condicións do persoal desta brigada, moi necesaria para a cidade debido aos traballos que realizan”.

A concellería de Infraestruturas adquiriu dous furgóns, modelos Nissan NV400 e Renault Kangoo, que supuxeron un investimento total de 43.585,13€. “Avanzamos tamén de cara á sostibilidade, xa que os novos furgóns emiten menos substancias contaminantes que os actuais vehículos, que se aproximan aos 30 anos de idade”, explicou Rubén Arroxo, que engadiu “os novos vehículos mellorarán permitirán contar cun maior espazo para a carga de material e inclúen elementos de seguridade cos que os vehículos actuais non contanban”.

Rubén Arroxo lembrou que esta renovación se complementa “coa chegada de dous vehículos máis nas vindeiras semanas, e que permitirán mellorar o servizo que esta brigada da ás veciñas e veciños”.

A brigada de obras de Lugo recibe un novo vehículo de traballo
Comentarios