A Bonoloto deixa un premio de 68.930 euros en Lugo e a Primitiva, 10.000 en Castro

Os boletos foron selados na administración de lotaría número 8, na Rúa Quiroga da capital, e en Casa Carreira de Ribeiras do Lea

La tienda Casa Carreira de Castro Ribeiras de Lea vendió un décimo premiado. EP
photo_camera Na tenda Casa Carreira de Castro Ribeiras de Lea tamén vendeuse un décimo premiado do sorteo de Nadal. EP

O sorteo da Bonoloto deixou onte un premio de 68.930 euros en Lugo a un acertante de segunda categoría (cinco números máis o complementario). O boleto foi selado na administración de lotaría número 8, na Rúa Quiroga.

A combinación gañadora estivo formada polos números 1, 17, 23, 27, 35 e 36, co 15 como complentario e o 2 como reintegro.

CASTRO. Ademáis, tamén recaeu un premio de segunda categoría de El Joker de la Primitiva, dotado con 10.000 euros, nun boleto selado en Casa Carreira de Castro Ribeiras do Lea, no concello de Castro de Rei. Dáse a circunstancia que neste establecemento tamén se vendeu un décimo do terceiro premio do sorteo de Nadal da Lotería Nacional.