domingo. 28.11.2021 |
El tiempo
domingo. 28.11.2021
El tiempo

O BNG renova o seu consello comarcal

Participantes na asemblea comarcal do BNG. XESÚS PONTE
Participantes na asemblea comarcal do BNG. XESÚS PONTE

Bernardo Valdês segue á fronte ► "O Bloque comeza un novo ciclo para acadar en 2024 o cambio político que precisa Galiza", asegura

O BNG celebrou este xoves unha asemblea comarcal na que foron elixidos os integrantes do consello comarcal da formación e da executiva na bisbarra de Lugo. O consello, que coordina o labor do Bloque en 38 municipios, está integrado por 26 personas e segue tendo á fronte a Bernardo Valdês Paços.

A executiva comarcal formarana as 13 primeiras persoas da lista do consello, entre as que hai  concelleiros de Castroverde, Outeiro de Rei, Baralla ou Samos, por exemplo.

A formación explica que "o proceso asembleario continúa" para determinar a totalidade do consello comarcal, xa que hai que engadir os responsables locais, o responsable e vicerresponsable da subcomarca de Sarria e a persoa designada por Galiza Nova.

Neste punto, Bernardo Valdês asegurou que o BNG comeza un novo ciclo "para acadar en 2024 o cambio político que precisa Galiza". "A militancia mais as 26 persoas que hoxe dicidimos colectivamente poñeremos todo o esforzo preciso para acadalo", subliñou.

Consello comarcal
1.- Bernardo Valdês Paços. Profesor na USC
2.- Tareixa A. Ferreiro Tallón. Vicepresidenta da Deputación de Lugo e concelleira en Lugo.
3.- Efrén Castro Caloto. Concelleiro en Sarria.
4.- Elvira Lombao Vila. Concelleira en Outeiro de Rei.
5.- Xosé Manuel Becerra. Concelleiro en Baralla.
6.- Iria Castro Fernández. Concelleira en Castroverde.
7.- Brais Fernández Fernández. Área de organización do BNG.
8.- Esther López Rodríguez. Responsábel comarcal no periodo 2013-2016.
9.- Cosme E. Pombo Rodríguez. Activista sindical.
10.- María Xesús López López. Concelleira en Samos.
11.- Xosé Ferreiro Fernández. Concelleiro en Outeiro de Rei.
12.- María Rodríguez Seijas. Galiza Nova.
13.- Afonso Losada Rodríguez. Activista sindical.
14.- Sabela Pérez Martínez.
15.- Felipe Rivas Jorge.
16.- Pilar Prieto Pita.
17.- Xosé L. Varela Carreira
18.- Digna Lagarón Doval
19.- Alfonso Legaspi Veiga
20.- M. Dores López Cayón
21.- Consuelo Vázquez Castro
22.- Xosé A. Bao Abelleira
23.- Iván Sangiao Darriba
24.- Carme Aira Díaz
25.- Rubén Arroxo Fernández
26.- Olalla Rodil Fernández

O BNG renova o seu consello comarcal
Comentarios