O BNG pide á Xunta que actúe ante o "desastroso" mantemento da A-6

Rodil denuncia que o estado do firme supón un "risco" para os milleiros de personas que circulan pola autovía

O BNG presentou unha Proposición non de Lei no Parlamento galego na que insta á Xunta a desenvolver as accións necesarias ante o "desastroso" mantemento da Autovía do Noroeste (A-6) no tramo galego. 

A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, denunciou que a falta de mantemento evidénciase "a pouco que calquera colla o vehículo e pase por este tramo da autovía do Noroeste construído hai dúas décadas". 

Así, sinalou que existen habituais fochancas en moitas zonas e unha importante deterioración do firme, principalmente, nos carrís usados polos vehículos de gran tonelaxe. 

Para o BNG "esta situación débese a unha desatención evidente por parte da empresa concesionaria encargada da súa xestión —cuxo contrato remata este verán— e polo deixamento do Ministerio de Fomento, titular da infraestrutura".

TRAMO LUGO-OUTEIRO DE REI. Rodil asegurou que o actual estado do firme supón un risco para os milleiros de persoas que transitan no seu vehículo no que a diario fan uso desta autovía pola que circulan unha media de 23.000 vehículos ao día no tramo entre o polígono industrial do Ceao e Outeiro de Rei. 

Comentarios