O BNG propón parar a RPT de Lugo na última xornada de folga de funcionarios

Consideran necesario reabrir as negociacións para que ningún traballador se vexa perxudicado

El portavoz municipal del BNG,
Rubén Arroxo, en un pleno. XESÚS PONTE
photo_camera El portavoz municipal del BNG, Rubén Arroxo, en un pleno. XESÚS PONTE

O grupo municipal do BNG presentou este venres unha moción de urxencia no Concello de Lugo para solicitar que se paralice a tramitación da Relación de Postos de Traballo (RPT) impulsada polo goberno local, xusto o último día da folga de funcionarios convocada polos sindicatos CIG, Ágora e USO, que comezou o luns desta semana –día 17 de decembro–.

Estes sindicatos, que aseguran que representan á metade do persoal de funcionarios do Concello de Lugo, mostráronse satisfeitos co seguimento da folga, a pesar de que o goberno local decretou uns servizos mínimos –totalmente abusivos– para minimizar o seu impacto. 

O BNG solicita que se –reinicien as negociacións–, porque o –goberno local debe repensar o que está a facer coa RPT–, dado que –non é normal a conflitividade que xerou entre o persoal do Concello–. 

Os nacionalistas consideran necesario retomar as negociacións, precisamente para que –ningún traballador– municipal –salga prexudicado– pola aprobación da nova RPT e chéguese a –un documento que teña o maior consenso posible dentro do persoal–.

Comentarios