O BNG precinta as pantallas das paradas de bus para denunciar que non funcionan

"Temos un sistema de buses do século pasado", dixo Arroxo

Uno de los carteles precintados por el BNG.EP
photo_camera Uno de los carteles precintados por el BNG.EP

Os concelleiros do grupo municipal do BNG precintaron este xoves de forma simbólica os carteis electrónicos do sistema de información instalado nas paradas do transporte público de Lugo, dado que "non funcionan" e, por tanto, non teñen utilidade algunha para os usuarios que esperan polos buses.

"Estes paneis non funcionan porque o goberno non ten interese en que funcionen, igual que sucede con todo o referente ao contrato dos buses nesta cidade", dixo á prensa o portavoz nacionalista no Concello de Lugo, Rubén Arroxo.

Antes da adxudicación do novo contrato dos buses urbanos, lembrou, eses paneis deixaron de funcionar, polo que o BNG tomou a decisión de precintalos de forma simbólica, para denunciar "a inutilidade de algo que non funciona".

"Temos un sistema de buses do século pasado, a pesar dos investimentos feitos e de que se colocaron estes aparellos, que nunca funcionaron correctamente", concluíu.