miércoles. 03.06.2020 |
El tiempo
miércoles. 03.06.2020
El tiempo

O BNG pide infraestruturas para a circulación dos patinetes

Los patinetes eléctricos son vehículos en expansión. FERNANDO ALVARADO (EFE)
Los patinetes eléctricos son vehículos en expansión. FERNANDO ALVARADO (EFE)

Segundo os nacionalistas, "cada día aumenta máis en rúas de todas as cidades do estado a utilización destes vehículos de mobilidade urbana"

O grupo municipal do BNG presentou unha iniciativa no Concello de Lugo para que no desenvolvemento das infraestruturas urbanas na cidade se teña en conta a partir de agora aos Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP), cuxo uso se está estendendo nas cidades como unha alternativa aos medios de transporte convencionais.

"Patinetes eléctricos ou cadeiras de rodas motorizadas son xa unha realidade e a cidade ten que adaptarse á súa presenza", dixo o portavoz do BNG, Rubén Arroxo.

Segundo os nacionalistas, "cada día aumenta máis en rúas de todas as cidades do estado a utilización destes vehículos de mobilidade urbana e aínda que en Lugo o seu uso non é aínda masivo", si que empeza a ser "significativo", polo que é necesario "pensar a longo prazo e ter previsión de futuro en canto ao modelo de cidade que queremos", dixo Arroxo.

Aínda que "é evidente que o uso destes aparellos é beneficioso para mellorar a mobilidade nas cidades", o portavoz nacionalista recorda que hai que "estar preparados" para "articular a súa convivencia cos peóns e co resto de vehículos".

De feito, precisou que aínda haberá que agardar a que se emita "unha normativa de rango superior" a nivel estatal, pero opina que xa se poden empezar a habilitar "espazos naquelas rúas nas que se fagan intervencións para mellorar a necesaria convivencia dos VMP coas persoas e con outros vehículos".

O BNG presentará un rogo na Comisión de Infraestruturas para que se teña en conta esta circunstancia no deseño de novos barrios, novas rúas ou cando se fagan reformas nas actuais vías urbanas.

O BNG pide infraestruturas para a circulación dos patinetes
Comentarios