O BNG pide que se aclare se o aluguer de locais na Tinería ten dereito a prórroga

Aseguran que a posiblidade de prorrogar o contrato non está recollida nas bases

Bajos comerciales en edificios rehabilitados en A Tinería. AEP
photo_camera Edificios rehabilitados na Tinería. AEP

O BNG pediralle ao goberno local de Lugo que aclare se o aluguer dos locais da Tinería vai ter opción a prorroga ou non. "Existe unha contradición importante entre a información que fai pública o goberno a tráves das súas notas de prensa e o que despois aparece publicado no BOP", afirmou o portavoz do partido nacionalista no Concello de Lugo, Rubén Arroxo.

Segundo informou o edil, as persoas que accedan ao aluguer destes locais terán que facer un investimento importante para acondicionalos e o período de aluguer é durante catro anos, polo que os interesados "queren saber se van poder ter opción á prorroga despois destes 4 anos e o goberno municipal dí que sí, pero as bases de adxudicación non o recollen".

Por todo iso, o BNG pide ao goberno local que actúe "con rigor e seriedade" e "non se engane ás persoas que van apostar por iniciar unha actividade económica na Tinería".