domingo. 05.07.2020 |
El tiempo
domingo. 05.07.2020
El tiempo

O BNG pedirá que as persoas que traballen no casco histórico teñan facilidades para vivir na Tinería

Barrio da Tinería. VICTORIA RODRÍGUEZ
Barrio da Tinería. VICTORIA RODRÍGUEZ

Os nacionalistas levarán a iniciativa ao Parlamento galego

O voceiro do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, e a deputada Olalla Rodil anunciaron a presentación no Parlamento galego dunha iniciativa para solicitar que as persoas que traballen no casco histórico de Lugo teñan facilidades para vivir na Tinería, co obxectivo de manter "os barrios vivos".

"O caso da Tinería é un claro exemplo onde a administración ten as ferramentas para potenciar a vida no barrio se implementa as medidas necesarias, como neste caso promover que as persoas que traballan no barrio, vivan no barrio" explicou Arroxo.

Así, o BNG solicita que a Xunta teña en conta o feito de ter un negocio no centro da cidade e traballar nel á hora de adxudicar en aluguer as vivendas públicas. 

"Se queremos que o barrio se manteña vivo e contribuír a que funcionen as iniciativas de actividade económica, hai que dar as máximas facilidades", dixo o edil nacionalista.

O BNG pedirá que as persoas que traballen no casco histórico teñan...
Comentarios