O BNG lucense presentou este luns a súa campaña para a celebración do 8M

No proxecto inclúese unha batería de propostas coas que se pretende que a igualdade sexa un dereito real 
Imaxe da presentación, este luns. CEDIDA
photo_camera Imaxe da presentación, este luns. CEDIDA

O BNG de Lugo presentou este luns a súa campaña para a celebración do 8M, nun acto no que estiveron presentes as concelleiras da comarca de Lugo e as deputadas Olalla Rodil e Carmen Aira.

Baixo o lema 'Queremos todos os dereitos e querémolos xa', o partido propón unha batería de 22 medidas coas que busca avanzar en igualdade e dereitos reais.

Entre as propostas que inclúen salientan algunhas como o aumento do orzamento para erradicar a violencia machista, a despatriarcalización da xustiza ou o ensino con perspectiva de xénero.

A deputada Rodil quixo facer fincapé na necesidade de reivindicar o 8M "hai que evidenciar e falar do importante, como a fenda salarial, a cousificación, entre outras dinámicas, que fan que sexamos cidadáns de segunda".

Dende o partido animan á participación nas mobilizacións que hai convocadas por parte de varias asociacións. 

Comentarios