Jueves. 20.09.2018 |
El tiempo
Jueves. 20.09.2018
El tiempo

O BNG, indignado: "O único plan da alcaldesa contra a velutina é pedir axuda a San Roque"

O voceiro municipal do BNG,
Rubén Arroxo. XESÚS PONTE
O voceiro municipal do BNG, Rubén Arroxo. XESÚS PONTE

Acusa a Lara Méndez de non tomar "en serio este problema, que ten serias consecuencias ambientais e persoais"

O portavoz municipal do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, considera "indignante" que, "en pleno 2018", a alcaldesa da cidade, Lara Méndez, "pida axuda a San Roque" para frear a praga da avespa velutina. 

Nun comunicado, o Bloque lamentou que este sexa "o único plan" da rexedora local contra esta problemática despois de que "durante dous anos" os nacionalistas levasen "diferentes propostas" aos plenos do Concello e a comisións sen que estas fosen atendidas. 

Ademais, o BNG fixo fincapé na "inexistente" xestión do Goberno galego para paliar a "praga" da avespa asiática "tendo en conta que non atendeu ás opinións de expertos que falaban de levar adiante un trampeiro primaveral para a captura das raíñas". "Cada raíña capturada é un novo avispeiro menos", aseguran os nacionalistas. 

"A pesar de todo, nin desde o Concello nin desde a Xunta toman este problema en serio, con serias consecuencias ambientais e persoais, e o único que fan é burla ou soltar cuestións absurdas", esgrimiu Arroxo. 

Así mesmo, o portavoz municipal do BNG sinalou os "bos resultados" obtidos polo Goberno de Euskadi ou o Consistorio de Carballo (A Coruña), posto que este último, asegura, logrou evitar a creación de 2.000 niños de avespa velutina a través do seu plan de captura de raíñas. 

O BNG, indignado: "O único plan da alcaldesa contra a velutina é...
Comentarios