O BNG denuncia a "desatención" da Xunta ás persoas con TDAH e parálise cerebral en Lugo

Critican que se eliminasen convenios con clínicas que prestaban servizos de logopedia e fisioterapia

Rubén Arroxo e Olalla Rodil. EP
photo_camera Rubén Arroxo e Olalla Rodil. EP

O BNG denunciou este xoves os "recortes en materia sanitaria" que afectan ás persoas con parálise cerebral e TDAH en Lugo. Segundo indicaron a parlamentaria nacionalista Olalla Rodil e o candidato a álcaldía do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, a Consellería de Santidade eliminou os convenios con clínicas privadas que prestaban servizo de logopedia e fisoterapia, sendo agora as familias as que "teñen que asumir" o custo das sesións.

Rodil reuniuse con representates da Asociación que agrupa a familiares de persoas con TDAH e parálise cerebral  para coñecer a situación e trasladala ao Parlamento galego "falamos de pacientes crónicos que recibían varias sesións á semana (dependendo dos casos) e que agora teñen que pagalas directamente ou con axuda de asociacións", sinalou. 

Segundo explicou a parlamentaria "esta situación afecta a toda a área sanitaria de Lugo-A Mariña e Monforte e as familias denuncian que "nin tan sequera recibiron ningún tipo de información por parte da Consellaría de Sanidade senón que foron os propios profesionais os que lles comunicaron dun día para outro que non podían continuar recibindo esta atención".

"Desde o BNG exixímoslle ao Sergas a recuperación inmediata destes servizos, a contratación de persoal para atender as necesidades da poboación no conxunto da Área Sanitaria e así o trasladaremos ao Parlamento" dixo Olalla Rodil e sinalou "este é un exemplo máis da política sanitaria do Partido Popular á fronte da Xunta de Galiza que ao longo destes anos está poñendo contra as cordas a pacientes e profesionais sanitarios". 

Asimesmo, Arroxo sinalou que na última década a provincia de Lugo "perdeu 157 profesionais de Atención Primaria". "Esta política de recortes está a danar un dereito fundamental como a sanidade pública e as consecuencias son cada vez máis visibles e insostibles: masificación de consultas, cupos desbordados, redución de profesionais, non substitucións, PACs ao limite, como acontece aquí na cidade de Lugo que só temos o de Fingoi para unha poboación de máis de 90 mil habitantes", explicou o edil.

Os representantes do BNG animaro a participar na manifestación de SOS Sanidade Pública que se celebrará este domingo, ás 12.00 horas en Santiago de Compostela. 

Comentarios