lunes. 01.03.2021 |
El tiempo
lunes. 01.03.2021
El tiempo

O BNG demanda máis investimento na Tinería nos Orzamentos

Arroxo, Pontón e Rodil, nunha imaxe de arquivo. EP
Arroxo, Pontón e Rodil, nunha imaxe de arquivo. EP
Arroxo destacou que é necesaria a construción dun novo polideportivo, un proxecto no que di que o Goberno galego "non move ficha para executar"

O BNG considera que os investimentos previstos para Lugo no proxecto de Orzamentos da Xunta para 2021 presentado polo Goberno galego son "insuficientes e sen mirada as problemáticas reais". Así o manifestou o tenente de alcalde e portavoz nacionalista no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, durante unha reunión mantida este martes en Santiago coa líder do BNG, Ana Pontón, un encontro no que analizaron as emendas ao paquete orzamentario que exporá o grupo parlamentario nacionalista.

Entre os cambios que propoñerá o Bloque, Arroxo avanzou que pedirán que a Xunta dote cun maior peso orzamentario as infraestruturas na cidade, sobre todo en relación co proxecto de rehabilitación da Tinería. "Precisa xa dunha intervención urxente; non podemos seguir deixando de lado este histórico barrio. Hai que recuperar os seus restos arqueolóxicos, pero tamén precisamos dotalo de instalacións e darlle pulo para que a xente volva encher as súas rúas", dixo o edil. 

Do mesmo xeito, Arroxo destacou que é necesaria a construción dun novo polideportivo, un proxecto no que di que o Goberno galego "non move ficha para executar". Neste sentido, quixo subliñar o traballo institucional do BNG no Concello e a Deputación para impulsar esta dotación. "As actuais instalacións non son suficientes para a actividade deportiva existente tanto na cidade como na provincia, xa que moitos clubs e asociacións de todo o territorio empregan estes espazos", insistiu o nacionalista.

O BNG demanda máis investimento na Tinería nos Orzamentos
Comentarios