Axel organiza a campaña de apoio ao comercio local 'Imos de Photocall'

A iniciativa inclúe dúas actuacións
1fbbffe6-773b-4bda-ac30-f12bd297a2d7

Axel (Asociación de Xóvenes Empresarios Lucenses), coa cofinanciación do Concello de Lugo organiza a campaña de apoio ao comercio local 'Imos de Photocall'. 

a0fa11d1-ac0b-44a1-bd09-e628d164543dA iniciativa inclúe dúas actuacións, unha delas estará fixa nos escaparates dos negocios participantes, consistindo na colocación dunhas ás que poderán ser empregadas polas persoas que transiten pola rúa para facerse fotos e compartilas nas redes sociales (#imosdephotocall, #lugoecapital) convertíndose así nos “anxos da garda” do comercio local. 

A outra consistirá nunha animación no exterior dos mesmos, empregando eses escaparates como fondo. Os encargados de realizala serán Mickey e Minnie Mouse, e identificarán os lugares polos que van pasando con bolas de xabón.

Os negocios participantes son os seguintes: Mel-Flor, Campo Base, Carsip, Moninadas, Confecciones García, Lugóptica, Sara Negro, Vermuteria La Zona, Confitería Mallorca, Panadería Manso, Distribución Loal, Don Botón, Mundoabuelo, Airi y Altafit.

O photocall de Mickey y Minnie Mouse estará este xoves (de 10:30 a 13:30) na zona da Milagrosa; o día 26 (de 17:00 a 20:00), na zona centro; o día 28 (de 17:00 a 20:00), na zona Milagrosa, e o día 29 (de 17:00 a 20:00), nas zonas Milagrosa e Centro.

Comentarios