jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Avanzan actuacións para o "calmado do tráfico" na rúa Xosé Novo Freire

Rubén Arroxo e Alexandre Penas na rúa Xosé Novo Freire. EP
Rubén Arroxo e Alexandre Penas na rúa Xosé Novo Freire. EP
Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitaron a zona con veciños para escoitar as súas peticións

O tenente alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, xunto co edil de Infraestruturas, Alexandre Penas, visitaron a rúa Alcalde Xosé Novo Freire, onde nas vindeiras semanas se realizarán actuacións enmarcadas no plan de "calmado do tráfico" da cidade .

"Avanzaremos na colocación de elementos de calmado de tráfico nesta zona, onde nos últimos meses se habilitou un novo parque infantil", explicou Alexandre Penas.

Os edís visitaron a rúa xunto a veciños da zona para "coñecer de primeira man as súas solicitudes" e, segundo declarou o edil de Infraestruturas, "planificar mellor os traballos tendo en conta as reclamacións e as necesidades da poboación".

O concelleiro afirmou que "desde a concellería de Infraestruturas estamos a estudar realizar máis actuacións nesta zona para continuar a avanzar na mellora da seguridade viaria no conxunto da cidade". 

Avanzan actuacións para o "calmado do tráfico" na rúa Xosé Novo Freire
Comentarios