Avanza a renovación dos bancos da zona urbana de Lugo

Os traballos contemplan o acondicionamento de 70 destes elementos
Renovación dos bancos. EP
photo_camera Renovación dos bancos. EP

A renovación dos bancos da zona urbana de Lugo continúa avanzando. Segunda informa o tenente alcalde, Rubén Arroxo, este intervención "mellorará enormemente a imaxe da cidade e garantirá que os veciños poidan desfrutar dunhas instalación públicas de calidade".

Os traballos comezaron na zona centro da cidade e expandiranse nos vindeiros días ao resto da zona urbana. En total actuarase en 70 bancos, nos que se realizarán traballos de lixado e preparación de listóns "para aplicar aplicar un novo producto protector para a madeira, o que permitirá unha boa durabilidade da actuación realizada".

"Esta actuación complementa ao traballo realizado pola brigada municipal de vías e obras, que realiza unha importante labor de reparación nas distintas infraestruturas do concello e no mantemento da cidade", lembrou Arroxo. 

Comentarios