domingo. 24.10.2021 |
El tiempo
domingo. 24.10.2021
El tiempo

Avanza a bo ritmo a renovación do firme de varios viais das Gándaras

O Tenente Alcalde e o concelleiro de Infraestruturas nun momento da visita. CEDIDA
O Tenente Alcalde e o concelleiro de Infraestruturas nun momento da visita. CEDIDA
O Tenente Alcalde e o concelleiro de Infraestruturas visitaron os traballos realizados xunto con persoal técnico municipal

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, e persoal técnico municipal visitaron o barrio das Gándaras para comprobar o avance dos traballos de renovación do firme de varios viais. "Trátase dunha actuación coa que damos resposta a unha solicitude da veciñanza da zona, renovando o barrio e mellorando os viais e os accesos desta zona", explicou Alexandre Penas.

É unha actuación necesaria para mellorar a calidade de vida da veciñanza, debido ao avanzado estado de deterioro que mostraban estas rúas

A área de Infraestruturas está a actuar nas rúas Vagalume, Bolboreta, Paporrubio, Galo, Gaivota, Toledo, Areas, Rola, Camiño de Gustavo e Pombo, ademais dos ramais de acceso da rúa da Rola á Avenida Adolfo Suárez, Bolboreta a Monte Pía Páxaro e Adolfo Suarez á Urbanización Castro Gil. Nestas rúas estase a aplicar unha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará un selado do firme ante a acción da auga e unha prolongada duración da actuación. Ademais, renovarase a sinalización horizontal, que se mellorará nos cruces complicados.

Gándaras 3

O edil de Infraestruturas destacou o “bo ritmo” ao que están a avanzar os traballos, e afirmou que “traballamos para mellorar a calidade de vida da veciñanza que utiliza estes viais a diario”. Alexandre Penas destacou que “desde a concellería de Infraestruturas traballamos para mellorar as zonas urbanas e periurbanas da cidade e garantir que toda a veciñanza poida desprazarse con seguridade”.

A execución desta obra foi adxudicada a Francisco Gómez y Cia SL, cun orzamento de 184.149€ e un prazo de execución de oito semanas. 

Avanza a bo ritmo a renovación do firme de varios viais das Gándaras
Comentarios